COLLAGE CRISMAS TARXETAS NAVIDEÑAS

  • Impartido por: Mariana Razzetti

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 4h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 45€

  • Datas: 17 de decembro de 2022.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro de iniciación ao collage. Recorta, pega e conta unha historia.

PROGRAMA

Trátase de dedicar tempo a cortar, pegar e desenvolver a parte creativa que todos temos. Non se requiren coñecementos previos. Esta técnica pictórica funciona como terapia: ensínanos a relaxarnos e concentrarnos nunha actividade manual da que sairá unha obra de arte. É un obradoiro que che dá liberdade para contar o que queiras, e neste caso concreto aprenderemos a facer postais de Nadal para felicitar as festas a quen queiras, deixándote levar polo que che inspiran as imaxes.. .
E é un obradoiro ao que me gusta chamar sostible, porque traballamos con material existente, con papel que xa hai, material orixinal de libros, revistas, folletos, carteis, etc. Non imprimimos novas imaxes.

DOCENTE: MARIANA RAZZETTI

Artista multidisciplinar arxentina. Cuarta xeración de xastres e modistas, estudou artes plásticas no IES Martín Malharro, onde se especializou en fotografía e gravado. Aos 20 anos trasladouse a Bos Aires para dedicarse á dirección de fotografía cinematográfica. Compaxina estes estudos traballando como fotógrafa para modelos, actores, músicos e animadores, desenvolvendo habilidades no campo da escenografía e do vestiario. Anos máis tarde instalouse en Madrid, integrándose rapidamente no mundo audiovisual e no teatro. A faceta profesional foi paralela á experimentación plástica, orientada xa case na súa totalidade ao collage. Actualmente dirixe un estudio/galería en Noia, A Coruña.

IG @marianarazzetticollage

DESTINATARIAS

Adult*s que queren contar cousas a través da imaxe.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

  • Material recortable: estampas orixinais de libros, revistas, folletos, carteis, papeis estampados de parede, etc.
  • Figuras e frases xa recortadas que facilitan o remate da obra.
  • Base de pegado para montar a tarxeta. Neste obradoiro traballaremos o formato pequeno (A5) sobre cartolina branca e de cores.
  • Tabla de cortar, cortador, tesoiras e barra de pegamento.
  • Levas o teu crisma(s)
  • Dágoche unha impresión dos meus collages

NECESIDADES

Quen prefira pode traer tesoiras propias, ou imaxes propias para facer algo concreto.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: