ESGRIMA NA ESCENA

  • Impartido por: Aldán López Dacosta

  • Horario: De 16:30 a 18:00 os martes

  • Duración:  12 sesións

  • N.º de prazas: 12

  • Prezo: 40€/mes

  • Datas: do 8 de xaneiro oa 25 de marzo 2024

     

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste curso continuado impartirase unha formación profunda da esgrima escénica tanto en interpretación, dirección e dramaturxia. Todo isto dende o exercicio lúdico, os textos medievais e o xogo escénico.

PROGRAMA

1. Contexto

  • 1.1 A espada longa. Morfoloxía e evolución. Compete a definición da ferramenta que imos utilizar así como a evolución técnica e social que deriva na súa aparición. Primeira sesión.
  • 1.2 A sociedade Baixo Medieval s.XIII a s.XV. Compete a explicación do contexto social e cultural que se desenvolve no baixo medievo así como unha análise da definición de violencia e do seu uso nesta época. Primeira sesión e Carácter transversal.
  • 1.3 A Kunst des Fechtens fronte as outras tradicións. Comete a exploración das artes marciais alemás (Kunst des Fechtens) e a súa comparativa e relación con tradicións de esgrima coas que estaba en contacto, como a denominada esgrima común ou a esgrima de Fiore dei Liberi. Segunda sesión e Carácter transversal.
  • 1.4 Por que existen os tratados de esgrima. Compete ao análise das razóns socio-económicas e culturais que levan a aparición dos textos que conservamos sobre esgrima, para mellorar a comprensión sobre os mesmos. Terceira sesión.
  • 1.5 Que é a esgrima, por que a coñecemos e para que se usaba. Compete a explicación de que significa a esgrima e por que non encaixa coa imaxe que ten o imaxinario colectivo sobre a mesma. Neste apartado desmitificaremos a esgrima e analizaremos o valor real e simbólico que tiña na época de estudo. Terceira sesión e Carácter transversal.
  • 1.6 A muller e a idade media. A representación da muller na historia da esgrima. Compete a posta en valor da perspectiva medieval sobre a muller que moitas veces non encaixa co imaxinario colectivo. Carácter transversal.
  • 1.7 O colectivo LGBT e a súa presenza na esgrima o longo da historia. Compete ao análise de como se apreciaban as disidencias normativas e ao propio criterio de normatividade histórico que non encaixa co imaxinario colectivo e que vén sendo defendido pola nova liña de traballo científico que podemos apreciar en investigadores actuais como PutoMikel. Carácter transversal.

2. Técnica

  • 2.1 O meu corpo e a espada. Compete ao estudo da biomecánica do noso corpo dende a propiocepción e o desenvolvemento espacial con e sen espada. Primeira sesión e Carácter transversal.
  • 2.2 O acondicionamento físico, o corpo como ferramenta.Compete ao estudo de como traballar co propio corpo, atendendo as necesidades individuais de cada quen para coñecernos mellor e desenvolver unha relación profunda coas nosas necesidades físicas. Primeira sesión e Carácter transversal.
  • 2.3 Ringen, o principio da esgrima. Compete ao estudo da loita corpo a corpo alemá dos séculos XIII a XV. Moi semellante ao jiu-jitsu tradicional, esta disciplina traballa sobre o control físico do rival e todos os mestres históricos sinalan esta disciplina como a base da esgrima. Pois toda esgrima remata no ringen. O obxectivo de estudar esta disciplina e coñecer a súa aplicación escénica e adquirir recursos para enriquecer as nosas coreografías. Mentres descubrimos novas posibilidades para o noso corpo e aprendemos que a forza non reside na potencia se non no equilibrio. Primeiro mes e medio.
  • 2.4 Os principios da Kuns des Fechtens. Compete ao estudo das bases da esgrima alemá. As primeiras posivilidades da espada e aquelas accións que precisamos coñecer sobre a biomecánica da ferramenta. Primeiro mes e medio.
  • 2.5 Johannes Liechtenauer e o corpus da esgrima. Compete ao estudo da perspectiva medieval do análise natural. En como recoñecer as accións do rival (Leger) para saber aplicar as respostas adecuadas (Versetzen). A través destas técnicas comenzaremos a coñecer como desenvolver a coreografía do combate ao mesmo tempo que descubriremos ata que punto se introducía a relixión católica no estudo das artes marciais, así como na vida cotiá da xente do Baixo Medievo. Segundo mes e medio.
  • 2.6 As follas agregadas e a coroa da esgrima. Compete ao estudo do traballo do contacto das espadas, o que é considerado núcleo da esgrima. Un conxunto de técnicas que nos amosan a dar prioridade a nosa seguridade por encima de vencer ao rival. Feito que é prioritario na esgrima e polo tanto indispensable para o seu desenvolvemento escénico. Ultimo mes do curso.
  • 2.7 A distancia e a acción. Compete ao estudo do entendemento da distancia relativa entre os esgrimistas e a desenvolverse no espazo que os relaciona. A través do seu estudo comprenderemos a necesidade de estar no lugar e no momento indicado para desenvolver a nosa coreografía. Caracter transversal.
  • 2.8 A esgrima de Joachim Meyer, 100 anos de evolución. Compete a evolución da esgrima dende Johannes Liechtenauer ata o seguinte mestre de gran recoñecemento, Joachim Meyer, e como muda o carácter da esgrima neste tempo. Fin de curso.

3. Escena

  • 3.1 Ilusionismo vs teatralismo. Compete ao estudo das perspectivas artísticas e como podemos dividilas en dous grandes bloques, aquelas que pretenden introducir ao público nunha ficción e aquelas que pretenden xogar cos elementos reais e co propio público. Primeiras sesións.
  • 3.2 Os xéneros e os estilos. Compete ao estudo dos tres grandes xéneros teatrais así como a revisión dos diferentes estilos de traballo artístico para axudar a diferenciar que tipo de traballo debemos desenvolver en cada un deles. Primeiras sesións.
  • 3.3 O teatro medieval. Compete a revisión e presentación da Commedia dell’Arte, como xurde e en que evoluciona, para comprender cal seria o lugar da esgrima escénica no noso momento histórico de estudo. Primeiras sesións.
  • 3.4 Auto preservación como intérprete, dereitos laborais. Compete ao estudo de todos aqueles elementos de seguridade imprescindibles para o desenvolvemento da esgrima escénica é o coñecemento dos nosos dereitos laborais como artistas especialistas en accións de risco. Carácter transversal.
  • 3.5 Coherencia de estilo. Compete ao estudo de como aplicar as técnicas aprendidas de cara a escena e a obra total. Carácter transversal.
  • 3.6 Creación de personaxe a través da esgrima. Compete ao estudo de como aplicar as técnicas aprendidas para caracterizar e definir personaxes dende a composición física e técnica. Terceiro mes.
  • 3.7 Anotación escénica. Compete ao estudo de como recoller por escrito as coreografías que creamos para poder gardar o seu avance ou deseño. Terceiro mes. (Posiblemente non de tempo a facer un traballo efectivo nesta materia).
  • 3.8 Creación escénica. Compete ao desenvolvemento persoal do alumnado que terá un espazo de creación onde aplicar todo o aprendido nunha peza final. Terceiro mes.

DOCENTE: Aldán López Dacosta

Titulado superior en Interpretación e Dirección e Dramaturxia pola ESADg. Formación constante en artes marciais históricas europeas (HEMA) dende o 2016 ata a actualidade na (SVEA) e en (AdC). Cinto negro 2ºDan da Real Federación Española de Esgrima.

https://cabaleiroerrante.com/

DESTINATARIAS

O obradoiro continuado está dirixido a todas aquelas persoas amantes do teatro e con interés pola esgrima que desexen afondar nestes dous campos en relación. Tanto artistas do mundo amador como profesionais do sector que sintan curiosidade por esta disciplina poderán atopar aquí un achegamento lúdico e completo ao mundo da loita na escena. Tanto aquelas persoas que se sintan atraídas pola interpretación, a dirección escénica ou a creación dramatúrxica atoparan neste curso continuado ferramentas e coñecementos sobre a escena, a esgrima e o seu contexto social e histórico.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

O material do curso consta de todos aqueles elementos que imos precisar para o estudo desta disciplina, como son as espadas e os tratados históricos, así como referentes audiovisuais que serán achegados telemáticamente.

O curso tamén conta con apuntes e esquemas que serán entregados telemáticamente ao alumnado.

NECESIDADES

Roupa e calzado cómodo para a realización de exercicio físico.
Material para tomar apuntamentos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: