
COIDADOS BÁSICOS: CACTUS & SUCULENTAS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
DESCRICIÓN
Aprender a coidar, transplantar e reproducir cactos e suculentas, con apuntes e prácticas incluídas
PROGRAMA
Unha única sesión, charla taller con parte teorica e practica.
Tipos e especies, Coidados xerais : auga, luz, abono, testo, sustrato, pragas e enfermidades, reproducción. Practica de transplante, e Erros comuns.
Inclue a pranta coa que traballe cada un mais os apuntes (impresos ou en pdf)
DOCENTE: MarneusVerde (David Eyo)
DESTINATARIAS
Calquera que se queira iniciar neste tipo de pranta, ou iniciades que queiran aprender máis dos erros comúns.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Apuntes (fisicos impresos bn ou pdf)
Pranta que empregarán na parte de taller co seu testo de barro.
Os sustratos precisos pra práctica
NECESIDADES
Luvas por se non se queren manchar as mans, e nada mais.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.