VOGUE  BALLROOM

  • Impartido por: Daniel Lezso

  • Horario:

    1. Obraodoiro de 17:00 a 20:00
    2. Ballroom Unitaria con concurso de baile: de 20:00 a 22:00
    3. Post Parti no Bloom de 23:30 ata peche
  • Duración do obradoiro:  3 horas

  • N.º de prazas do obradoiro: 15

  • Prezo do obradoiro: 47€

    Resto de actividades: DE BALDE

  • Data: 12 de abril 2025

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar do obradoiro: Unitaria

    Lugar do Ballroom: Unitaria

    Lugar da Post Parti: Bloom

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN do EVENTO

Voguing + Danza contemporánea en Unitaria: Un Viaxe de dentro a fóra a Través do Movemento

O vindeiro 12 de abril, Unitaria abre as súas portas para acoller un evento único que mestura danza contemporanea e a cultura Ballroom coma inspiración. O evento constará de tres partes emocionantes que te sumixerán no mundo vibrante do voguing e da cultura ballroom.

Parte 1: Obradoiro Laboratorio de Movemento con Daniel Lezso – Desconfigurando o Xénero

A xornada comeza cun obradoiro impartido por Daniel Lezso, onde se explorará a relación persoal co corpo a través do movemento. Neste espazo de creación, o voguing será o vehículo para desconfigurar as nocións tradicionais de xénero. A través da danza, traballaremos en descubrir como o corpo pode expresar a súa liberdade, cuestionando se é necesario definir un xénero ou se a clave está na actitude e seguridade en uno mesmo. Como podemos definirnos a través do movemento e da xestualidade? O obxectivo é ofrecer un refuxio onde se poida explorar sen medo ao xuízo externo, abrindo a porta á liberdade e a expresión persoal. Non se require experiencia previa, só a gaña de investigar como o corpo pode falar a súa propia verdade.

IMPORTANTE: Para participar no obradoiro, é necesario apuntarse enviando un correo co teu nome completo e datos de contacto á dirección queroaprender@escolauntiaria.com. As prazas son limitadas.

Parte 2: Concurso de Baile Ballroom (de 20:00 a 22:00)

A continuación, a enerxía do voguing continúa cun concurso de baile onde os participantes poñerán á proba todo o aprendido durante o obradoiro. Será unha oportunidade para explorar a identidade na pista de baile, con movementos cheos de actitude e potencia, nun ambiente acolledor e sen xuízos.

Acceso libre ata completar aforo.

Parte 3: Festa no Bloom (a partir das 23:30)

A noite culminará cunha festa de voguing que continuará sen parar desde as 23:30. A música, a danza e a liberdade de ser un mesmo ocuparán o espazo para que todos poidan seguir celebrando, bailando e compartindo a súa enerxía sen límites.

Acceso libre ata completar aforo.

Unitaria invita a todos os corpos e identidades a unirse neste evento que vai máis aló da danza, creando un espazo de autodefinición e liberdade. Non perdas esta oportunidade única de experimentar, explorar e celebrar!

DESCRICIÓN do OBRADOIRO

Este obradoiro será un espazo de creación para explorar a relación que tes contigo mesme; é un laboratorio de movemento, onde o voguing e a cultura Ballroom serán o caldo de cultivo. Como creador o meu obxectivo é observar as distintas formas nas que un corpo pode expresar a súa liberdade a través da danza. Qué actitude tomas cando queres performar un xénero? É necesario definir un xénero ou é unha mera cuestión de actitude e seguridade nun mesme? Como podemos definirnos a través do movemento e a xestualidade? Cales son os límites impostos e cales son os que nos autoimpoñemos por vergoña? Neste espazoterás un refuxio onde poder sentirte libre sen preocuparte por xuizos externos. Non se require experiencia previa, so ganas de explorar as distintas maneiras que ten o teu corpo de expresarse.

PROGRAMA

De que trata a cultura Ballroom?

Este movemento xurdiu durante os anos 60, alcazando o seu punto máis álxido durante os anos 80 e principios dos 90, mantendose ata hoxe. Un Ballroom era un lugar onde a xente do colectivo LGTBIQ+ reuníase para poder expresarse libremente. Nestes espazos as asistentes proxectaban a vida que lles gustaría ter; eran espazos seguros, xa que a sociedade daquela época sometía ao colectivo a unha gran represión e marxinación. Nos ballroom facíanse desfiles onde existían categorías, tales como muller/home de negocios, estudiante universitario, ou simplemente muller/home (sen a etiqueta imposta de persoa transxénero), entre outras. O fin destas pasarelas era emular esos estatus sociáis que daquela eran inalcanzables. Nestas reunións apoiabanse unhes a outres buscando esa aprobación que a sociedade lles negaba. Ademáis dos desfiles nestes encontros nace a danza voguing, estilo coñecido nos seus inicios como pose, xa que imitaban as poses das modelos da revista de moda Vogue. A pioneira en crear este estilo foi a dragqueen Paris Dupree, estilo que máis adiante popularizaría Madonna grazas o seu tema Vogue. A día de hoxe a cultura ballroom segue viva e desgraciadamente a discriminación do colectivo tamén.

Qué faremos no obradoiro?

1. Aterrizar no espazo

Comezaremos pouoco a pouco recoñecendo o noso corpo e familiarizandonos coa nosa propia fisicalidade.

2. Reconstrución dende cero

Exploraremos dende distintos puntos de apoio as posibilidades que temos para buscar novas formas coa nosa anatomía. Incluiremos maneiras de desprazarnos polo espazo e buscaremos ese lado animal/alieníxena que todes temos.

3. Movemento emocional

Usaremos o movemento para trasladar e transformar as emocións que se enquistan no corpo. Empregaremos a danza como catalizador destas dende o autocuidado e a consciencia corporal.

4. Armadura flexible

Comezaremos a entrar en materia usando os movementos do voguing. Observaremos como esta técnica pode servirnos para liberar tensións e explorar outra forma de deixarse ser. Como influe a túa postura corporal e como transformar aquelo co que non te sintes cómode.

5. A ternura como acto revolucionario

Achegandonos o final do laboratorio, experimentaremos a decisión de sentir que verdadeiramente temos un corpo que queremos. Desplegaremos a nosa ternura con nos mesmes e se nos apetece coas demáis persoas. Usaremos técnicas de contact improvisación para abrazar a nosa vulnerabiludade.

E o sábado 12 estades invitades ao Lezso Ball. Un ballroom na casa Unitaria onde a categoría será… Brilli Brilli! Trae as túas mellores galas, as prendas máis brillantes que teñas. Saca a relucir a túa versión máis queer e pon en práctica o que aprendiches durante o obradoiro. Será un espazo ultra seguro, libre de xuizos e para tódolos corpos. Non te preocupes pola vergoña ao entrar no espazo da Unitaria queda na porta, as veces nin aparece.

Anímate a vir!

DOCENTE: Daniel Lezso

Gradúase en 2013 en Arte Dramático na escola de teatro Santart de Santiago de Compostela. Ao mesmo tempo estuda un grao en Lingua e Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC); paralelamente inicia a súa formación en danza contemporánea a través do Espazo de Danza da USC, (2013-2016). Continua a súa formación como bailarín en Barcelona (2018-2020) na escola Varium Espai de Moviment. Durante a súa estancia en Cataluña, formase en distintas técnicas de danza contemporánea e interpretación da man de profesionais como Nadine Gerspacher, Nicola Ricchini ou Hannes Langolf. No 2021 adquire o título de profesor de ioga en Almazen de Yoga (Santiago de Compostela). Actualmente traballa como profesor de ioga na Escola Unitaria. Segue desenrolando seu traballo en solitario como bailarín, ademáis de colaborar noutros proxectos paralelos.

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas interesadas polo movento libre. Non é necesaria experiencia en danza.

NECESIDADES

Roupa cómoda.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: