INTERPRETACION PARA NENAS/OS

  • Impartido por: Lena Fernández

  • Duración: 10 horas (5 días)

  • Horario: de 10:35h a 12:35h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 100€

  • Inclúe auga e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: do 24 ao 28 de xuño de 2024

  • Lugar: UNITARIA

INSCRICIÓN: un correo cos  datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Este curso de teatro está deseñado para nenos de 8 a 12 anos, onde aprenderán os fundamentos do teatro a través de propostas dramáticas, divertidas e creativas. Explorarán técnicas de actuación, expresión corporal, improvisación e posta en escena. Ao rematar o curso, os nenos poderán demostrar as súas habilidades teatrais nunha presentación final.

O teatro transporta-nos a mundos imaxinarios, permítenos expresarnos e comunicarnos con outras persoas de maneira única e, ademais de ser unha forma de entretemento, tamén é unha ferramenta poderosa para o aprendizaxe. A través do teatro, os nenos desenvolven a súa capacidade de comunicación, fortalecen a súa autoestima, melloran as súas habilidades sociais e emocionais, fomentan a creatividade e potencian a súa imaxinación. Tamén lles ofrece a oportunidade de explorar diferentes identidades, perspectivas e emocións, axudándolles a comprender mellor o mundo que os rodea. A introdución ao teatro é fundamental para o desenvolvemento artístico dos nenos e durante este curso adquirirán coñecementos básicos sobre as artes escénicas que lles permitirán apreciar o valor do teatro como forma de expresión. Ademais, tamén nos centraremos en desenvolver as habilidades de expresión corporal e vocal dos mozos actores, o que lles permitirá comunicarse de forma máis efectiva. Ao rematar o curso, os nenos estarán familiarizados cos conceptos teatrais fundamentais e poderán participar en representacións teatrais.

PROGRAMA

1.) ROMPER O XEO
– Xogos de relaxación
– Relacións interpersoais
– Imaginación e desinhibición a través de dinámicas grupais
– Dinámicas de improvisación guiadas para desenvolver a súa imaxinación

2.) EXPRESIÓN CORPORAL
– Conciencia do corpo
– Expresión facial
– Expresión xestual
– Uso do espazo escénico

3.) EXPRESIÓN VOCAL
– Respiración e proxección da voz
– Articulación e dicción
– Entonación e modulación
– Exploración vocal

– Investigación
– Caracterización física
– Creación da personalidade do personaxe
– Desenvolvemento da voz e o lenguaxe
– Movemento e xestualidade
– Conexión emocional
– Comunicación co público
– Improvisación e xogo

Todas as actividades das clases estarán deseñadas para que os nenos poidan aprender a expresarse a través de xogos que fomenten a súa creatividade, a escoita e a colaboración. Non é tan importante seguir un plan de estudos estrito, senón que o iremos modificando segundo a adaptación dos mozos actores e das súas propias expectativas, intentando en todo momento que sintan que forman parte do proceso creativo.

DOCENTE: LENA FERNÁNDEZ

NAI – Tito Refoxo – Maruja POR TUS MUERTOS – Cine – Marta – Sayago Ayuso (estreia 8 de Marzo) TRIGONOMETRÍA DEL CAOS – Teatro – Roberto Mori RAPA – Movistar Plus+ – Olaia #LUIMELIA – AtresPlayer – Maru FONTEALBA – TVG – Carmela AMAR ES PARA SIEMPRE – Maruxa LOVE ROOM – teatro – Tirso Calero SIN IDENTIDAD – Antena3 – Marga BANDOLERA – Antena3 – Leandra LOS QUE NO PUDIERON HUIR – Teatro – Javier Hernández A SERPE DE TROÑA – Teatro – Compañía Valle Inclán CRONOPIOS – Teatro itinerante Axudante de dirección – Diagonal TV Coach – Dirección de actores – Diagonal TV Profesora de teatro para nenos e adolescentes – Programa AYTO MADRID Xefa de produción – GatoVaca Audiovisual Axudante de dirección – Mapa de Tramas Axudante de produción – ELMUNDO.es

LA CUALIDAD con Andrés Lima ANALIZANDO A BECKETT con Heidi Steinhardt TÉCNICA VIEWPOINTS en TeatroLab NOVAS FORMAS EN O TEATRO con Helena Pimenta DIRECCIÓN DE ACTORES con Javier Hernández Simón DIRECCIÓN Y PRODUCCIÓN en Plató de Cinema INTERPRETACIÓN E CINE en Plató de Cinema DIPLOMATURA ARTES ESCÉNICAS en Institut del Teatre

DESTINATARIAS

Este curso de teatro está deseñado para nenos de 8 a 12 anos.

NECESIDADES

Os participantes deberán traer: roupa cómoda.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos  datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: