O MITO DA POSTURA PERFECTA

  • Impartido por: Sila Sobrado

  • Horario: de 10:00h a 14:00h

  • N.º de prazas: 12

  • Prezo: 35 €

  • Data: 10 de xuño de 2023

     

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro adicado a entender e mellorar as nosas posturas habituáis.

PROGRAMA

O obradoiro comezará cunha explicación de anatomía moi básica e basada na experiencia do propio corpo máis que en imaxes. A continuación se explicará o título do obradoiro: por qué a boa postura, como concepto, é un mito que nos leva a desconectar co noso corpo e nos dificulta obter bos resultados á hora de evitar dores e achaques ou de previr lesións. Explicarase cómo plantexar un uso do corpo positivo e realista e qué cousas ter en conta á hora de “correxir a postura”, e faranse exercicios prácticos no chan, en silla e de pe. Finalmente, veranse varios estiramentos imprescidibles no día a día de calqueira que teña que pasar moito tempo na mesma posición.

DOCENTE: SILA SOBRADO

Tras finalizar os seus estudos musicáis, Sila formouse como profesora de Técnica Alexander no Reino Unido (Constructive Teaching Centre) e como profesora de ioga en España (Yoga Alliance) e na India (Yoga Vidya Gurukul). Está especializada en músicos e centra o seu traballo no desenrolo do sentido proprioceptivo, co obxectivo de tomar consciencia de malos hábitos psicofísicos e reprogramalos orgánicamente dentro de unha práctica realista.

DESTINATARIAS

Calqueira que se queixe de que lle doen as costas.

NECESIDADES

Traer roupa cómoda e un boli.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: