
CREACIÓN DE VÍDEOS PARA AS REDES SOCIAIS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
PROGRAMA
Día 1: Presentación e selección de tema
– Obxectivos:
1. Coñecer o mundo da creación de contido dixital en galego.
2. Escoller un tema para o noso vídeo.
– Contidos:
O primeiro que se fará será unha presentación da persoa que imparte o curso, seguida dunha introdución e conversa bidireccional sobre a creación de contido en galego. Veremos unha serie de vídeos de diferentes creadoras, tentando falar e rexistrar aquelas cousas positivas que se observen para aproveitalas para o noso traballo (entoacións, xeitos de enfocar diferentes temáticas, planos… ). Farase fincapé na importancia de non copiar ás persoas, senón citalas ou inspirarse nelas. A continuación escollerase unha temática para a realización do vídeo do obradoiro. Pode ser sobre unha personaxe, sobre a cidade, sobre un acontecemento histórico…
Día 2: Guionizamos
– Obxectivos:
1. Elaborar guion
2. Reflexionar sobre a importancia do mesmo, así como das súas diferentes partes.
3. Elaborar listado cos materiais necesarios.
– Contidos:
O segundo día adicarase a escribir un guion. Para elo, o primeiro que faremos será dividirnos por grupos, dependendo do número de persoas que sexamos. Cada grupo elaborará un guión sobre esa temática. Daraselles liberdade, aínda que como condición, pedirase que o vídeo sexa no mesmo espazo físico. Axudaraselle a cada grupo a elaboralo e reflexionaremos sobre temas como os planos, as entoacións, a súa división… Ademais, tamén se elaborará unha lista de materiais necesarios para a gravación.
Día 3: Gravación
– Obxectivos:
1. Gravar o vídeo.
2. Experimentar con diferentes planos, cámaras etc.
– Contidos:
Este día acudirase ao lugar pactado para gravar, pode ser a mesma escola ou outro espazo da cidade. Gravaranse os vídeos.
Día 4: Editamos.
– Obxectivos:
1. Coñecer a aplicación de Capcut.
2. Editar os vídeos.
– Contidos:
O último día procederase a editar os vídeos, cada persoa co seu teléfono. Primeiro compartirase pantalla no proxector dende o teléfono da profesora para ir coñecendo a interfaz, vendo como se executan as funcións básicas e diferentes trucos que ten a app. Despois pediráselles que o editen e poderanse resolver dúbidas, recibir axuda etc.
DOCENTE: PRADO RÚA
Prado Rúa é unha creadora de contido con catro anos de experiencia. Comezou en Youtube durante a pandemia, pasándose ao formato vertical de TikTok uns meses despois. Cultura galega, cociña, lingua, maquillaxe, curiosidades… as súas paixóns como fío condutor deste proxecto, premiado en varias ocasións. Podes ver o seu traballo nestes enlaces:
https://www.instagram.com/prado_rua/
https://www.youtube.com/@pradorua2865
DESTINATARIAS
Este obradoiro vai dirixido a persoas maiores de 15 anos.
NECESIDADES
As participantes deberán levar o seu teléfono móbil propio en todas as clases, e se o desexan, micrófono para móbil, focos, cámaras de diferentes estilos e atrezzo que pactemos durante as aulas, o día da gravación. Para o cuarto día, deberán levar instalado Capcut.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.