INTERPRETACIÓN DIANTE DA CÁMARA

  • Impartido por: Iolanda Muíños

  • Duración: 12 horas

  • Horario:

    sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h,

    e domingo de 10:00 a 14:00h

  • N.º de prazas: 20

  • Cuota de inscrición: 120€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: 1 e 2 de febreiro de 2025

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Ante a cantidade de producións audiovisuais que se están levando a cabo en todo o país, coa incorporación de novxs actores e actrices ben sexa a nivel profesional, ou como afeccionado, (na forma de figuración, ou pequenas partes), ante os cambios de paradigma tendo a ás novas xeracións creando contidos e facendo os seus pequenos “traballos” audiovisuais nas rrss, e estando as clases de interpretación en cine, centradas a meirande parte das veces en cursos de “casting”, decidín condensar o máis posible os coñecementos e ofrecer un curso-entrenamento para poñer en práctica todas as ferramentas que aprendín nos meus 20 anos de carreira e formación no sector audiovisual, proveendo das técnicas que fun recopilando, e atallando moitos dos problemas que me fun atopando polo camiño, e que podería ter evitado se comezase a día de hoxe.

O obxectivo destes cursos, ou entrenamentos, é a de coñecer os conceptos do que é o traballo dunha actriz/ actor ante unha cámara, as diferencias co traballo no teatro, e as diversas técnicas coas que pode traballar.

As clases serán eminentemente prácticas intentando grabar o máximo do entrenamento posible para que logo as actrices/actores poidan verse, e incluso quedarse con material das clases.

Para un curso-entrenamento intensivo intentaremos adquirir un coñecemento global do que é unha grabación e tamén por suposto de cómo presentarse a unha proba. Trataremos cuestións como:

  • As cualidades expresivas de cada actor/actriz, o verosimil, e a sobreactuación.
  •  A definición de personaxe, o carácter, situación económica, laboral, histórica.
  •  Os sentimentos, actitudes, tensión.
  •  Monólogo interior, diálogo enfático, automático, tirado, plano.
  •  Os contrarios, inside, outside.
  •  O guión, traballo por secuencias, as marcas, o racord, tipos de planos…
  •  ¿Qué é a micro emoción?
  •  En qué consiste e para qué nos sirve, (no traballo de interpretación).
  •  Acción = emoción. Línea de acción, línea de emoción.
  •  As emocións innatas: a ira, a tristura, a sorpresa, o noxo, o medo, a ledicia, e a vergoña.
  •  Analizar, investigar e aplicar as emocións na secuencia.
  •  Separar as emocións persoais das emocións do personaxe.
  •  Saber por qué se crean os conflitos e cal é o seu motor.
  •  Explorar métodos como o Eneagrama para creación de personaxes.Traballaremos en monólogos ou en secuencias de películas “coñecidas” para logo quen queira poda velas, e verse, e incluso poderemos escribilas ou reescribilas ó noso gusto.Non é necesario querer adicarse a ser actriz/ actor profesional para facer estes cursos-entrenamentos. É necesario ter ganas de xogar, explorar, e querer aprender a verse nunha pantalla, e divertirse, por suposto, aseguro que é terapéutico.

DOCENTE: IOLANDA MUÍÑOS

Iolanda Muíños Paredes, nada o 16 de outubro de 1975 en Narón, é unha actriz galega de teatro, televisión e cinema. Participou en filmes como “Mar adentro” (2004) e “Ocho apellidos catalanes” (2015), e en series como “Fariña” (2018) e “Hierro” (2021). En 2022, gañou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto por “Malencolía”. (Fonte: Wikipedia en galego)

https://maydel.es
https://aaag.gal

DESTINATARIAS

Todas as perdoas sen distinción de xénero, idade, ou procedencia. Tanto as que se adican á interpretacón de xeito afeccionado, como as que xa fixeron cousas diante dunha cámara e queren seguir profundizando.

NECESIDADES

Non é necesario levar roupa especial o primeiro día, estar cómodxs sempre é o ideal, pero non é necesario roupa de deporte nin nada diso, roupa normal, ao gusto do consumidor, da roupa en cámara tamén falaremos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: