
CREACIÓN DUN PODCAST NARRATIVO DENDE CERO
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste curso aprenderás a crear un podcast desde cero, abranguendo todo o proceso. Partimos da base máis importante, a xeración dunha idea sólida que nos facilite o resto de pasos. Seguiremos coa elaboración dun guión, a súa gravación e edición, finalizando coa difusión do podcast. Todo isto con teoría e práctica, para que poidas saír do curso dándolle forma ao teu proxecto.
PROGRAMA
O curso está dividido en cinco bloques principais:
1. Introdución ao podcast e xeración dunha idea:
1.1. O valor do podcasting: flexibilidade, personalización e diversidade de obxectivos
1.2. O podcast na actualidade: unha visión do presente e do futuro
1.3. Xerar unha idea: técnicas de creatividade e adaptación ao podcasting
1.4. Da idea á estratexia: planificación do proxecto de podcasting
2. Elaboración dun guión (literario e técnico):
2.1. Características xerais dun guión
2.2. A estrutura dun pódcast: a relevancia dos bloques narrativos e a organización dos contidos
2.3. Como redactar para locutar? Consellos e boas prácticas na escritura para podcasting
2.4. A complementariedade do guión literario e o guión técnico: métodos para enriquecer o teu podcast dende a escritura creativa
3. Gravación e edición:
3.1. Introdución ás ferramentas básicas de produción dun podcast (Zoom, Audacity)
3.2. Como autoproducir un podcast? Camiños para superar os obstáculos técnicos e económicos
3.3. Uso e xestión de material sonoro
4. Creación de marca podcast e difusión de contido:
4.1. Plataformas onde aloxar o podcast
4.2. Estratexia de comunicación dixital
4.3. Formas de financiamento
5. Acompañamento no proxecto:
5.1. Resolución de dúbidas finais relativas ao curso e asesoramento/feedback na idea de podcasting
DOCENTES:
O equipo está formado polo grupo que hai detrás de Carretando. As persoas que impartan o curso turnaranse en función da súa especialización e da dispoñibilidade de cada unha.
Carretando é un podcast que conta a política galega a través dun xornalismo lento e interpretativo. O proxecto leva funcionando desde marzo de 2021, facendo programas con perspectiva sobre a nosa historia e realidade política e cubrindo comicios como as municipais de 2023 e as autonómicas de 2024. Podes atopar Carretando en tódalas redes sociais e en Spotify, iVoox e Apple Podcast. O equipo docente é o seguinte:
Román Varela: Xornalista especializado en comunicación política e podcasting. LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/romn-varela-cores-3b50ba204/
Adrián Vázquez: Xornalista e investigador en comunicación. LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/adrin-vzquez-paredes-1a016a174/
Carmen del Río Ferreiro: Xornalista especializada en márketing e comunicación política. LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/carmen-del-ro-ferreiro-7a487b217/
Pablo J. Rañales: Xornalista especializado en narrativas dixitais e escritor. LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/pabloraales; Sitio web: https://pablojranales.com/
Julio Iglesias: Politólogo especializado en márketing e comunicación política. LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/julioiglesiasfernndez/
DESTINATARIAS
Calquera persoa interesada no mundo do podcasting e en iniciar o seu propio proxecto de podcast. Non é necesaria experiencia previa.
MATERIAL INCLUÍDO
No obradoiro contaremos con 5 micrófonos.
NECESIDADES
Como non temos micrófonos para todas as persoas o óptimo sería que cada asistente trouxera o seu propio teléfono móbil e uns cascos. A maiores, un ordenador co programa gratuito de edición de audio Audacity instalado.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.